Plantilla:Portada 15M/gl

De 15Mpedia
Saltar a: navegación, buscar
Puertadelsol2011.jpg

O Movemento 15M é un movemento social xurdido da indignación popular que eclosionou despóis da Manifestación do 15 de maio de 2011. Este movemento recorreu máis de 50 cidades de toda España no que participaron máis de 200 asociacións.

As principáis demandas esixidas son un cambio radical da política española (bipartidismo PP-PSOE) e o rexeitamento ao desemprego, os recortes, a corrupción e a un sistema inxusto que trata ás personas coma mercadoría. Esíxese que se cumpran os dereitos básicos, coma o dereito de acceso á vivenda, o dereito ao traballo, á participación política, á cultura e a unha a una sanidade e educación públicas e de calidade.

No trascurso do ano 2011, producíronse máis de 200 acampadas e 600 asembleas (organizadas en grupos de traballo) nas que se fixeron estas reivindicacións e propostas. Posteriormente sucedéronse diferentes iniciativas como Acampada Bankia (2012-2013), Invernos ao Sol (2013) e Acampada Mordaza (2015). As manifestacións e marchas cubriron toda a xeografía do estado español.

Nestes anos, apareceron máis de 1 000 colectivos que concentrar os seu esforzos en loitas concretas. Algúns sectores como o da sanidade ou a educación públicas organizáronse en mareas, a marea branca e marea verde respectivamente. Tamén xurdiron asociacións, centros sociais, cooperativas, bancos de tempo e moedas sociais.